Work Text:
Zeen Mrala apagou todos os sistemas non esenciais da súa nave e se deixou caer no asento do piloto cun suspiro exhausto. Non sabía canto tempo levaba buscando a Lula, cantos lugares visitara. Aínda que non importaba, nunca pararía. Non podía.
Volveu suspirar e recostouse no asento, frotándose os ollos. A súa mirada vagaba pola miríada de estrelas que decoraban o espazo exterior. Os seus ollos enchéronse de bágoas. Estaban tan cansa, de buscar e de loitar. A esperanza no era sinxela de manter cando non tiñas razón para facelo.
— Teño que atopala — díxolle ás estrelas. No esperaba unha resposta, pero algo (o cansanzo, a Forza ou quizais só a necesidade de falar con alguén) fíxoa seguir —. Fun unha covarde cando fuxín. Sei que o Mestre Sy dixera que estabamos onde a Forza nos necesitaba, pero non podo evitar pensar que se tivera estado en Starlight, se tivera estado para axudala, agora non estaría desaparecida.
Dada por morta, traizoouna a súa mente. Estaba afeita. A loita contra sí mesma fóra a parte más complicada da busca. O impulso de rendirse era intenso en momentos como estes.
— Está viva. Podo sentilo — asegurou ás súas silenciosas interlocutoras e a si mesma —. Vós probablemente miráchedela, non si?
As estrelas non responderon. Zeen sentía que se estaba a volver tola, pero a medida que falaba comezaba a deixar ir toda a tensión que levaba acumulando dende que descubrira o destino de Lula.
— Farzala, Qort e mais ela déronme a benvida as súas vidas como se sempre tivera sido un deles. Convertéronse na miña familia e eu nin sequera estiven aí cando o noso fogar estaba facéndose anacos. E Lula... Por fin decidín dicirlle o que levaba un tempo sentindo. E se nunca a atopo e non chegamos a falar sobre... nós? A galaxia é grande e incluso con Qort non podo chegar a todas partes.
As bágoas caían polas súas meixelas rosas, as estrelas mirábana impasibles. Sacou do seu peto o holodisco no que estaba a última mensaxe que Lula lle mandara e acariciouno como se fose a man da súa amiga.
— Todo ocorreu tan rápido — chorou —. Atrapar a Krix, o breve adeus, parar aos Nihil en Corellia e despois ver a caída de Starlight. Pensabamos que estábamos gañando pero todo se descontrolou tan rápido... Incluso os Jedi están abrumados, todo é incerto agora.
As estrelas parecían compasivas a través das súas bágoas, como se soubesen o destino do universo pero non puideran contarlle nada. Zeen esbozou un leve sorriso.
— Quéroa. Ámoa — soltou —. E sei que era recíproco. Hai algo, a Forza, quizais, que nos vincula como a soles xemelgos. Sei que está aí fóra e vouna atopar, xúroo. Sei que a galaxia é grande, pero non hai lugar ao que non iría por ela.
Unha nova forza medraba no seu interior a medida que dicía isto. Zeen non sabía por qué pero as estrelas parecían satisfeitas.
