Actions

Work Header

Bos tempos para un cambio

Summary:

Chega Outubro e Remus afógase na pena, incapaz de aguantar a marcha de Sirius a Madrid no medio do curso. Menos mal que aínda pode contar con Lily... Entre iso e unhas liñas medio escritas, descubre que o que máis quere é que volva.

Notes:

Hola!!! Como non podía ser de outra forma aquí estou otra vez. Espero que os guste mi segundo intento de escribir en gallego (A Remus le pega tanto serlo que merece la pena)

IMPORTANTE: Si alguien quiere traducirla al inglés o al castellano puede hacerlo, siempre y cuando me de los créditos con la opción oficial que hay aquí en ao3. Yo puede que tarde en traducirlas. Como en mis otros fanfics aviso de que no me gustaría ver subido mi trabajo a ninguna otra plataforma de nuevo ¡Gracias!

(See the end of the work for more notes.)

Work Text:

Serían as seis da tarde xa, e Remus levaba mirando os apuntes dende as tres. Non había xeito, non conseguía concentrarse. As letras bailaban diante dos seus ollos, coma se tivesen vida propia, mesturándose unhas con outras ata volverse indistinguibles. Tentara subliñar, tomar notas, repetir en silencio os conceptos… nada funcionaba. Era coma se a súa cabeza se negase a aceptar nada que non fosen pensamentos alleos ao estudo. 

A biblioteca da facultade de historia era un sitio silencioso e bonito, impresionábao cada vez que ían estudiar alí. As estanterías antigas, altísimas, recubrían toda a sala e daban unha sensación de estar encerrado noutra época. Xa estaban en Outubro, as festas de benvida xa remataran e na universidade respirabase un abiente tranquilo. Coas ventas da sala pechadas coma estaban, o único que se escoitaba era o pasar das follas dos libros e o ruído que facía o chan ao camiñar. A madeira antiga cruxía baixo os pes dos estudantes que ían dun lado a outro. Non había nin moita xente nin pouca. Aínda faltaba tempo para os examenes finais, pero os parciais estaban a volta da esquina e todos intentaban ir collendo ritmo. El tamén, ou polo menos intentabao.

Viñera á biblioteca con Lily, mais ela marchara coas súas amigas fai un rato a tomar un café. Remus non tiña ganas de ir a ningún sitio, quedará alí coa escusa de adiantar traballo. Aínda que no fondo só quería fuxir do frío. Os edificios antigos coma este non eran precisamente calurosos, pero fóra erache moito peor. Remus acordouse do que lle dixera a súa nai pola mañá. “Queda na casa Remus, que fai un frío insoportable, que non se aguanta. Agora pola tarde aínda parece que vai facer algo menos pero eche o mesmo meu fillo... Quedas na casa que quedas mellor”. 

Hope tiña razón unha vez máis. Sempre a tiña. Pero, aínda así, el viñera. Quizais porque no fondo necesitaba este silencio para pensar, aínda que ese pensar lle fixese máis dano que calquera exame.

Pasou unha páxina do libro que estaba lendo e de súpeto atopou un anaco de papel dobrado, esquecido entre os apuntes. Despregouno con coidado, e recoñeceu a súa propia letra. Non lembraba cando o escribira, pero as palabras ferírono como se fosen frescas “A distancia, resulta ser exactamente iso que dicían os poemas”

Remus suspirou. Agora lembraba. Tiña escrito iso unhas noites atrás, cando xa non podía soportar máis o silencio da súa habitación e botaba en falta unha voz concreta. Outubro fíxose costa arriba dende que Sirius marchara a Madrid por un asunto familiar do que apenas dera explicación. Só sabía que tiña que marchar, e que non volvería ata saber Deus cando. Sempre era a mesma historia. “Lo siento Remus” “Volveré cuando pueda Remus” Pero nunca lle dicía nada do que acontecía.

Pechar o papel agora non servía de nada, as palabras quedaran gravadas outra vez na súa cabeza. Todo lle parecía máis frío sen Sirius arredor. Non era só cuestión de amizade, e Remus sabíao demasiado ben, por moito que intentase convencerse do contrario.

Deixou caer o libro sobre a mesa e pasou unha man polo pelo, frustrado. Colleu a libreta que levaba sempre no peto e comenzou a ollala por enriba. As conversas doutros estudantes parecían virlle de lonxe, coma un eco irrelevante. Mirou cara os teito da sala e imaxinou que Sirius entraba pola porta con aquel aire despreocupado, coa súa voz e a sua risa perfecta rompendo o silencio solemne. Case podía velo apoiándose nunha das mesas, sorrindo con esa chulería que sempre o desconcertaba.

Bostezou e cerrou os ollos un intre, e os recordos fóronlle chegando sen remedio. As noites de festa en setembro, cando o grupo enteiro corría polas rúas molladas de Compostela, saltando charcos coma nenos. O recordo do fume dos cigarrillos nos bares, das risas, de Sirius achegándose demasiado para lle contar un segredo entre música e voces. Daquel instante da primeira noite no que as súas mans se rozaran sen querer, e o mundo parecera deter o latexo durante un segundo.

Abriu de novo os ollos, sacudiu a cabeza coma se quixese espantar esas imaxes. Pero quedaban, sempre quedaban. O corazón acelerado, a dúbida constante. Botabao máis de menos que no verán, se iso era posible. Botaba todo del de menos. E esa certeza doíalle máis do que quería aceptar.

O reloxo da biblioteca marcaba as seis e cuarto. Remus colleu o papel co poema, pensou en tiralo, pero ao final dobrouno con coidado e gardouno no peto da chaqueta para que Lily non o atopase ao volver. Era mellor ocultalo. Mellor finxir que era só outra tarde gris en Santiago, e que a pena non o comía por dentro.

 


 

Cando Lily regresou á biblioteca xa pasara máis dunha hora e o ceo xa estaba escuro. Traía as meixelas algo coloradas polo frío e un leve recendo a café barato pegado á súa bufanda vermella. O seu paso resoou suave no chan de madeira mentres se dirixía ás mesas do fondo, as máis vacías, onde deixara a Remus antes de marchar.

Non lle sorprendeu atopalo aínda no mesmo sitio, pero si a súa postura: a cabeza apoiada no brazo, o pelo despeinado, e unha libreta aberta xusto diante. Era como se no medio da loita contra o estudo, o sono o tivese vencido sen remedio.

 

A moza sorriu para si mesma e deixou o abrigo na cadeira do lado. Durante un intre quedou observándoo, non todos os días víase unha imaxe así. Remus sempre ía ata arriba de café, nunca era dos que lle gustaba botar unha siesta polo día. Había algo no silencio da biblioteca que lle fixo baixar a voz sen querer ao falar.

“Sempre tan aplicado, Lupin. E mirate agora durmindo coma se pases a noite de festa...”

Remus non reaccionou ao comentario. Movía os beizos moi lixeiramente, como se estivese murmurando algo mentres durmía, e aquilo fíxolle máis graza aínda. Ojalá ter unha cámara con ela nese momento para poder quitarlle unha foto. Lily inclinouse un pouco cara el e tocoulle lixeiramente o brazo.

“Ei, Remus. A biblioteca non é para durmir, sabes? Aínda pareces Sirius”

Remus abriu os ollos lentamente, confundido polo son da súa voz e pola mención do outro rapaz. Necesitou uns segundos para situarse. Endereitouse bruscamente, frotou os ollos e pasou unha man polo cabelo, coma se así puidese borrar a imaxe de si mesmo durmido diante dela.

“Durmínme?” preguntou cun ton que soaba a máis desculpa ca outra cousa.

“Non, que va. Estabas meditando moi intensamente sobre a importancia para a nosa lingua de Rafael Dieste”, respondeu Lily cun sorriso pícaro.

Remus soltou unha risiña baixa, e colleu a libreta para pechala, coma se quixese ocultar algo. E o certo e que si que quería, naquelas páxinas vellas tiña escrito todo. Os seus sentimentos, as cousas que nunca dicía. Lily decatouse do xesto e ergueu unha cella.

“Que gardas aí? Non me digas que máis apuntes, porque xa teño claro que es medio monxe.”

“Nada importante” apresurouse a dicir el, metendo a libreta na chaqueta de novo, onde a tiña que ter metido antes…

 

“Iso é o que dise sempre cando é algo importante.” Lily inclinouse cara a el, como se quixese arrincarlle o segredo coa sua mirada verde. “Non me digas que tes un diario, Lupin. Iso sería ouro puro.”

“Non é un diario” negou el, algo máis seco do que pretendía. Logo suavizou o tono. “Só cousas que escribo para min. Xa está.”

Lily mordeu o labio para non rir máis. Estaba claro que non lle ía sacar nada daquela, polo menos esa tarde. Pero non tiña pensado deixar pasar o que acababa de descubrir. Tiña que esperar ao momento opprtuno, probablemente un día que Remus estivese fumado ou borracho. Así que cambiou de tema, acomodándose na cadeira.

“Bueno, se non queres falar do teu diario pdemos falar doutra cousa. Estiveches moi calado estes días. Todo ben?”

Remus suspiro, deixando ver que este tema gustáballe tan pouco coma o anterior, e encolleuse de ombros.

“Si. Só que… non sei. A universidade cansa máis do que parece, e este mes está sendo raro.”

Ela mirouno cunha mestura de escepticismo e cariño, as pecas do seu nariz movíanse cando sonrría.

“Non me enganas. Sei que algo che pasa, e que ese algo é botas en falta a Sirius.”

El virou a cara de inmediato, coma se as palabras lle fixesen un corte inesperado. “Non é iso. Quero dicir… claro que si, é raro non telo aquí. Supoño que a todos se nos fai raro. Pero non é nada do outro mundo.”

“Xa.” Lily sorriu, satisfeita de ver como se removía incómodo. Logo baixou a voz, case coma quen confesa un segredo propio. “Eu tamén boto en falta a James cando marcha cara Coruña e non está, e iso que eche ben pesado. Aínda que nunca llo digas.”

Remus ergueu a vista cara a ela, algo sorprendido pola revelación da súa amiga.

“James?”

 

“Si. James.” Ela dixo aquilo coma quen solta unha evidencia, pero axiña engadiu, cun chisco de nervios. “Aínda que non sei se debería admitilo. Igual acabo arrepentíndome.”

Remus arqueou unha cella, medio divertido.

“Pois a min non me sorprende. Sempre acabades buscandoos, coma se foses o imán e el o ferro.” Lily ruborizouse un pouco, pero riu.

“Ti non te quedas atrás, Remus. A min paréceme que Marlene non che resulta indiferente.”

El abriulle os ollos outra vez, incrédulo. Que dicía esa tola?

“Marlene? Por favor, que dis? É boa amiga, nada máis.”

“Claro, claro.” Lily recostouse na cadeira, triunfante. “Por eso ides dar tantos paseos, non? E a acompañas a porta do piso.”

Remus quedou mudo, atrapado entre a súa lóxica afiada e o latexo repentino do corazón. Lily non presionou máis. Limitouse a mirar pola ventá, onde a chuvia seguía a bater con forza pero xa non se vía o día, e engadiu cun ton máis suave:

“En fin. O único que sei é que non deberías quedar aquí só, durmindo entre libros. Son as sete xa e toca marchar para casa.” Remus quedou en silencio, sen saber que responder. Gardou os bolígrafos no estoxo e mirou cara o libro, notando que aínda lle queimaba no peto da chaqueta o papel. E tamén a libreta. Oh, se Lily supese o que acontecía en realidade.

 


 

A cociña do seu piso estaba case ás escuras, só iluminada polo ton amarelado dunha lampára pequena no teito. Remus apoiou os codos na mesa mentres cortaba un anaco de pan duro que quedara da mañá. Non tiña fame de verdade, pero tampouco quería irse á cama co estómago baleiro. Dicián que era malo facer iso, e con fumar ao seu corpo xa lle chegaba de cousas dañinas.

Abriu a vella nevera, e colleu un anaco de queixo para facer un bocadillo, sen moito coidado, coma quen cumpre un ritual máis que quen prepara unha cea. Escoitabase a os veciños discutir, mais non se entendía o que dicían. Remus pensou na súa nai, e en se lle faltaría moito para chegar.

Mentres mascaba o primeiro bocado, achegouse á ventá. O cristal estaba frío, e ao outro lado brillaba unha lúa case chea, enorme e branca contra o ceo escuro e as nubes. Mirouna cunha mestura de costume e de rabia. A lúa sempre lle recordaba quen era, pero esa noite tamén lle traía outra ausencia distinta.

Sirius.

Remus pensou en Madrid, nas rúas ruidosas que o outro rapaz describira con entusiasmo, nas luces e nos bares. No caos da súa familia que o arrastrara lonxe de todos. Botábao de menos máis do que quería admitir en voz alta, ou do que se quería admitir a si mesmo. Botábao de menos polas mañas, na bibliotecas, nos cafés das tardes e nas noites de festa onde Sirius sempre tiña unha idea máis tola que a anterior. Botábao de menos no silencio, como agora, cando non había ninguén que lle discutise nada ou que lle fixese rir de súpeto. 

Deixou o bocadillo na mesa e colleu o pequeno caderno que estaba no peto da súa chaqueta. Abriuno por unha páxina en branco e sentouse na mesa da cociña. A idea levaba días xirando na súa cabeza: escribirlle unha carta. Nada especial ou romántico de ningún tipo, só unhas liñas para dicirlle que esperaba que estivese ben, que Madrid non era tan terrible como soaba, que aquí todo seguía igual… pero a verdade é que non sabía por onde comezar. Setíase coma todo un poeta, coma se puidese escribir calquera cousa. Mais o bolígrafo non se movía de sitio.

Pasou os dedos pola folla, como se puidese atopar nelas as palabras xa escritas.

“Querido Sirius…”

Apuntou as dúas palabras no bordo da páxina, con unha letra máis pequenaque de costume, case tímida. Mirounas durante un intre, sentindo como se o corazón lle latise demasiado rápido para unha cousa tan sinxela. Cada vez sentíase máis ridículo.

Suspirou, pechou o caderno sen engadir nada máis e colleuno contra o peito. De novo mirou á lúa pola ventá, brillante e impasible, coma se estivese a rir del. “Mañá, quizais” murmurou para si mesmo, sabendo que non o ía facer.

Deulle outro bocado ao bocadillo de queixo, pero esta vez non lle soubo a nada.

Notes:

Esta serie se me ocurrió escribirla un día en el bus, cuando me di cuenta de que casi no había fanfics en gallego. (Lo cual es una pena) Le tengo mucho cariño así que no os preocupéis, escribiré más sobre estos dos y sobre las ideas que tengo para ellos. Espero que os gustase y que me dejéis aquí también algún comentario. Bicos!!