Actions

Work Header

Mireite aos ollos (e supen que estaba perdido)

Summary:

Corre o ano 1979 en Santiago de Compostela, onde a chuvia debuxa historias na pedra, Remus Lupin deambula polas rúas entre a amizade, a añoranza e o peso das verdades non ditas. Entre debates filosóficos de madrugada, cigarros apagados en charcos e conversacións cargadas de tensión con Sirius Black, algo está a cambiar baixo a superficie. Algo que Remus se nega a nomear. Pero nunha cidade construída sobre a historia, o cambio é inevitable. E este ano, todo está a piques de quebrar.

Notes:

a miña primeira fic en galego, que ilusión <3

(See the end of the work for more notes.)

Work Text:

Sempre chove en Santiago, pensou Remus, é o que ten septembro. Rematan o verán e os días cheos de calor. As gotas golpeaban con insistencia os cristais da pequena ventá do cuarto do rapaz, naquela cidade gris e en cada recuncho de Conxo era o único que se escoitaba. 

 

Cando ía empezar o curso sempre ocorría do mesmo xeito dende que Lupin tiña memoria: húmido, frío e melancólico. Aquel martes non era diferente, a só dez días de comenzar era o tipo de mañá na que un elixe quedar na cama, perdéndose entre pensamentos e outras cousas sen sentido.

 

Pero hoxe, a súa nai xa andaba pola casa. Fai un rato oírase o ruído da culler contra a taza e o arrastre da cadeira vella da cociña mentres tomaba o café antes de saír. Remus sabía que, en canto lle escoitase moverse, chamaría por el. E efectivamente así foi: “Remus, erguéste xa?” A voz da súa nai Esperanza, Hope, chegou dende a cociña, con esa firmeza que non admitía discusión. Remus suspirou e pasou unha man pola cara lentamente antes de incorporarse. Facendo un esforzo por despexar a mente, colleu unha camisa vella de cor negra e uns pantalóns e saíu do cuarto amodiño, arrastrando os pés ata atoparse coa figura delgada da súa nai, xa vestida para saír. Co seu pelo rubio nunha cola e un uniforme azul escuro.

 

Ela traballaba limpando casas, unha rutina que nunca cambiara dende que o rapaz recordara, unha loita constante por manter a estabilidade e ter cartos suficientes para pagar os estudos e a comida. Remus traballou no verán nunha librería do pueblo, bueno, da cidade claro. Que Santiago un pueblo non é. Pero a súa nai chamaballe así. Follas Novas non estaba mal, e pagabanlle ben as horas. Hope e Remus arreglaban ben os dous, nunca falaban moito do seu pai, porque simplemente non estaba e non lles facía falta. Marchara cara as americas cando Remus era só un neno pequeno e nunca se molestara en explicalo, deixando só o rastro dunha ausencia que pesaba en certos momentos máis que noutros. 

 

“Se chove así, tes que levar o paraugas, Remus” dixo ela, acomodando un pano na cabeza antes de botarlle unha ollada rápida, de reollo. “ E come algo antes de saír neno que vas quedar en nada, tan alto e levate o vento nun día destos, que estas que parece que nesta casa non te dou nin de almorzar” Remus asentiu, sabendo que en realidade non tiña fame pero ía obedecer. Sua nai sempre tiña medo de que non estivese ben alimentado, Remus supoñía que porque ela pasara fame de nena. Pobriña. Fixolle caso e colleu un anaco de pan, despois foi e acercouse cara á porta cando a súa nai estaba a piques de saír para empezar o día. “Adeus ma, cuidate e coidado co lombo” dixolle, dandolle un bico na cabeza. 

Unha vez que ela marchara volveu a cociña a tomar o café, ía saír logo a dar un paseo e facíalle falta un pouco de enerxía. Un rato despois foi ao seu cuarto e puxo a chaqueta, mirou un instante ao seu redor e, nun impulso, colleu a súa libreta e gardouna no peto desta. Logo marchou pola porta sen prisa e respirou profundamente. Saír á rúa sempre tiña un efecto inmediato: o cheiro a terra mollada, a pedra escura dos edificios relucindo coa chuvia e o vento fresco que lle golpeaba a cara facíanlle sorrir. Santiago en setembro era así, un aburrimento e unha mestura de humidade e esperanza, a cidade ansiaba a vida que espertaba co novo curso. Do mesmo xeito que Remus quería ver aos seus amigos.

 

Camiñou sen rumbo claro, deixando que os pés o levasen pola rúa, ningún lugar de Santiago gustaballe tanto coma Conxo, o barrio que sempre sentira coma a súa segunda casa. Pasou por diante do Monasterio, que coas súas paredes gastadas servía de recordatorio dunha historia vella e esquecida. Gustaballe moito mirar cara os edificios e pensar na xente que os mirara antes ca el, nestas estaba pensando mentres pasaba polos camiños entre as árbores. Esas que lle ofrecían un lugar para perderse un pouco antes de volver á realidade. Pensou no curso pasado, nos primeiros meses na universidade. Pensou en James e Peter, nos debates con Lily, nas noites de café e discusións sobre política e futuro. Botabaos de menos.

 

E, inevitablemente, pensou en Sirius outra vez. Na maneira en que lle escoitaba con atención cando falaba de poesía, na forma en que se ría cando usaba a súa retranca para saírse dun tema incómodo e no lonxe que estaba en Madrid. Había algo nel que era diferente a todo o que coñecera antes, algo que facía a Remus un desastre. E iso era perigoso, porque non podía permitirse sentir o que sentía. Non nesta época. As palabras que pensaba cando pensaba nese rapaz eran coma os seus escritos, non verán o día nunca. Detívose nun recuncho e sacou a libreta. Estaba igual de gastada co seu corazón, cos bordes das páxinas molladas e a tapa gastada de tanto usala. Quedabanlle xa poucas páxinas baleiras. 

Coma sempre, as palabras comezaron a saír antes de que puidese pensalo demasiado, coma se fosen unha necesidade. Parecía que vomitaba a través das letras, que escupía as cousas que sabía que non podía dicir. Escribiu versos que falaban da chuvia e da espera, do pelo negro coma a noite e os lunares coma estrelas, de algo que nunca se dicía pero que existía, latente.

 

"Chove en Santiago e en min, como choveu aquel día, cando a cidade se vestiu de pedra, e ti mirabas para ela." Parou. Mirou o poema con cara de asco e rebufou. Era demasiado persoal, demasiado evidente. Sirius recoñecería esas palabras case seguro se algún día as vise por casualidade, e iso non podía pasar. Nun xesto impulsivo e con rabia Remus arrincou a páxina e fixo unha bóla, tirándoa cara ao chan mollado. Respirou fondo e pechou a libreta. Mellor seguir camiñando, mellor esquecelo. Levaba así todo o verán. E Sirius ni siquiera pensaba nel, nin unha maldita carta lle mandara o cabrón. Nin unha resposta tampouco.

 

Seguiu andando cara o centro e deuse conta de que morría de frío, coa chaqueta algo mollada pola chuvia fina que nunca cesaba pensou no que lle dixera a súa nai antes do paraugas, ai se lle fixese caso! Sentiu no aire que algo novo empezaba. Ía a ser un curso diferente e por primeira vez en moito tempo, tivo a sensación de que, nalgún momento, todo ía cambiar.

 

13 de Septembro de 1979

O ruído da chuvia quedara atrás, polo menos por agora. Santiago seguía mollado coma sempre, coa pedra das rúas reflectindo as luces da cidade mentres os estudantes recuperaban a rutina e os bares volvían encherse de conversas e risas. Era o primeiro xoves do curso, e Remus sabía que non tiña escapatoria. 

James insistira en que tiñan que quedar todos, o grupo completo, para celebrar o inicio de segundo ano. O chaval, entusiasmado, falara durante días do moito que botaba de menos o ambiente nocturno de Compostela. A Coruña era un sitio bonito, pero non comparaba coa vida universitaria da capital e iso sabíao todo o mundo. Remus sabía que Lily e Marlene tamén ían a saír, dicían que merecían unha noite de desconexión antes de que a facultade as afogase en apuntes. Lily comentarao na presentación da mañá, pero decidiu ocultarlle esa información a os seus amigos. Sabía que se ao final non veían as chicas James íase decepcionar.

As dez da noite máis ou menos, Remus cruzou a porta do Modus Vivendi. O pub, escondido nun pazo barroco, tiña esa aura de historia e misterio que facía que parecese un lugar doutro tempo. As paredes de pedra, o abovedado do teito, a música en directo que soaba as veces… parecía un lugar máxico, sacado dunha novela. Era o tipo de lugar onde podería quedar toda a noite, escoitando debates filosóficos ou conversas sobre política.

“¡Por fin apareces!” exclamou Sirius co seu castelán perfecto, sacando un cigarro e apoiándose na mesa con un sorriso divertido. Os seus ollos brillaban coma os dun can cando ve que lle vas tirar unha pelota. Sen darlle moitas voltas, Remus sonrreiu cara el e desviou a mirada antes de sentarse no sitio que quedaba, ao lado do rapaz de pelo largo. Pasou o tempo e os seus medos confirmaronse… A tensión seguía aí, oculta entre as bromas, entre os comentarios espontáneos que escapaban sen querer da sua boca e os que lle respondia. O grupo xa estaba reunido, coas bebidas e os vasos xa sobre a mesa e James discutía con Peter sobre fútbol, coma sempre. Remus ía quedar tolo se escoitaba algún comentario máis sobre o Celta de Vigo. Sirius de vez en cando mirabao con aquela expresión que nunca sabía interpretar, entre a curiosidade e algo máis profundo, algo que estaba mellor gardar baixo capas de ironía.

“O que mola de Santiago é que todo parece antigo” comentou Peter, rascandose a cabeza. “En Coruña isto sería só un bar cutre”

“Isto é historia, rapaz” respondeu Remus, tomando un grolo da súa bebida. “E hai que respetala”  Sirius riu con suavidade, asentindo. Sempre lle fascinaba a forma en que Remus falaba de Santiago, como se a cidade lle pertencese dun xeito único, coma se el fora unha extensión máis das súas rúas molladas. James, por suposto, levaba inquieto dende que empezara a beber. O rapaz miraba a porta cada pouco, esperando que a sua futura muller aparecese en calquera momento. E apareceu. 

Cando Lily entrou no Modus Vivendi, James sentou máis recto, intentando parecer menos desesperado. O resto dos seus amigos, incluido Remus, facía o que podía por aguantar a risa. A rapaza saudou con naturalidade, seguida das suas amigas Marlene e Mary, que miraban cara eles con expresións divertidas.

“Que tal?” dixo Mary “Xa avisara de que iamos saír hoxe, non hai moito sitio así que se non vos importa imos quedar aquí” añadiu Lily, mirando a Remus cun leve sorriso cómplice. Despois diso o grupo foise mesturando pouco a pouco e a tensión inicial desapareceu ao cabo duns minutos. Entre risas e copas decidiron marchar cara a rúa coa intención de ir probar outro local que según a outra compañeira de piso de Mary e Marlene estaba moi de moda, o Pub A Laura. Este tamén resultou ser un sitio mítico onde a música gustoulles. A ese punto da noite, a conversa xa fluía con facilidade. James intentaba falar con Lily cada vez que tiña oportunidade, mentres Peter facía comentarios absurdos para disimular e riase do seu amigo.

Nun momento Remus viu a Sirius marchar cara fora, e decidiu seguilo. Así foi coma os dous acabaron en Tarasca, onde Entremuros. Lupin antes de saír fixarase en coma Lily discutía con James sobre política, e fixo a nota mental de comentalo despois cos seus amigos en caso de acordarse. Ao saír Sirius estaba alí, mirándoo con esa intensidade que nunca cambiaba. Remus viu a súa figura apoiada contra a parede de pedra, iluminada só polos farois desgastados de Santiago e pensou que nunca podería confundilo con ninguén. Aínda que tiña a cara medio oculta pola sombra e polo cigarro que sostía entre os dedos podíase ver unha sorrisa na comisura do seu labio. Parecía feliz de ver que Remus o seguira a fora, como se xa esperase que o fixese.

“Demasiado ruído dentro, non?” dixo entón Remus, coa voz arrastrada polo cansazo dunha noite longa, debían ser xa as tres da mañá ou así. Sirius puxo na orella o cigarrillo que tiña na man, e colleu outro da caixa para ofrecerllo a Remus. Este dudou un instante pero ao final aceptouno e ao collelo as súas mans rozaronse. Aínda que fose por un intre, de súpeto Remus sentiu o corpo quente, coma se a roupa lle queimase. Foi tan breve que puido disimulalo cun xesto torpe, cos dedos xirando o cigarro entre as mans antes de acendelo.

“James está obsesionado coa miña amiga Lily” comentou, intentando distraerse do que pasara fai un momento, buscando afastar a sensación que quedara na súa pel. “Leva todo o día falando dela e agora están ahí dale que che pego a lingua, parece que gustalle Castelao ao tío e todo”

Sirius exhalou o fume lentamente, observándoo e rindo. “¿Y tú qué piensas?” preguntou, en castelán, como sempre facía. Remus nunca o vira intentando falar Galego, pero sabía que aínda que o fixese o acento de Madrid non ía marchar. James dixolle que Sirius falaba francés tamén, iso si que había que velo.

“Que vai saír mal” respondeu Remus, cunha ironía tan natural como a cidade que os rodeaba. “Lily vai esmagalo intelectualmente e James vai quedar aínda con máis cara de parvo” Sirius riu baixiño, asentindo.

“Estoy de acuerdo con lo que dijiste antes... suena a demasiado ruido eso” A frase facíase graciosa comparada co silencio que ficou entre eles por un momento. Case non había ninguén máis na rúa, e só se escoitaban o son distante dalgunha conversación na outra esquina e os pasos perdidos dalgún estudante que volvía para casa. Para ser xoves víase a cidade tranquila.

“Ey Remus, vamos al Tarasca” dixo Sirius de súpeto, lanzando o cigarro ao chan e esmagándoo cun movemento rápido do pé. “Ya sabes que no aguanto estar quieto, y quiero ver como está el ambiente”

Remus non protestou. Igual que non lle protestara pola falta de resposta das cartas, e seguiu ao rapaz máis baixiño pola rúa.

Cando chegaron ao Tarasca e entraron había case máis xente que no outro, tiña sentido que estivese todo o mundo dentro en vez de na rúa porque facía frío e orballaba un pouco. O bar era máis escuro pero había un ambiente máis caótico que o anterior. Entraron sen falar, Remus perdido nos seus pensamentos. Non se deu conta de cando Sirius pediu dúas cervezas, e sen máis tardar sentáronse nun recuncho, o máis lonxe dos grupos de xente que puideron. O silencio pesaba, pero non era incómodo. Xa estaban algo perxudicados do alcohol e ríanse por tooodoo.

Remus mirou cara Sirius sen querer, observando coma bebía, a forma na que o pelo lle caía aos lados da cara, en coma apoiaba os dedos contra a mesa e os movía de forma repetitiva coma se estivese pensando en algo que nunca dicía. Facíao cun aire musical, coma se fosa unha estrella do rock. Estaba guapisimo. E entón falou e Remus tivo que recompoñerse coma puido. “¿Por qué me sigues siempre el juego?” Remus arqueou unha cella. “Como?” Respondeu.

“Digo, cuando haces esos comentarios con ironía, o cuando me sigues a fuera y eso.” Sirius fixou os ollos nel, sen desviarse. Remus encolleuse de hombros, facendo que pasaba de todo. “Siempre haces como que todo da igual, pero yo sé que no es verdad tío” Dixo Sirius entón.

Remus quedou en silencio. “Santiago, Galicia, é así” dixo finalmente  “Se te tomas todo moi a peito vas mal, que usamos moito a ironía”. Sirius inclinouse cara adiante, cruzando os brazos sobre a mesa. 

“Pero tú te lo tomas en serio. Todo.” O ton que usaba era suave, pero desafiante. Falaba coma se soubese demasiado, parecía que estaba a usar cousas de meigas para leerlle a mente.

Remus quería responderlle con outra frase intelixente, con outro comentario sarcástico, pero non atopaba as palabras. Só sentiu a calor na cara, a tensión nos dedos contra a mesa, sentiase coma se el e Sirius estivesen demasiado preto e ao mesmo tempo demasiado lonxe.

Non sabía se sería polo alcohol ou polos nervios eses que lle daban as veces pero estaba quente coma un ferro pasado polo lume. E aínda que nunca o admitiría, nese momento soubo que xa non podía escapar da verdade, pasaballe algo moi raro. E sirius tiña a culpa. 

O fume subía en espirais lentas, coma se fixese máis espeso o aire entre os dous, coma se aquel espazo no bar se reducise ata que non quedase nada máis que a forma en que Sirius miraba, desafiante, curioso, case impaciente. Remus ía afogar.

Fixo como que bebía para desviar a mirada, pero a verdade era que non tiña sede. Tiña outra cousa. Algo máis profundo, máis perigoso. Sirius inclinouse cara atrás, soltando un suspiro longo. “Mejor nos vamos ya, que aquí no cabe ni un alma y le dije a James que volvía antes de marchar al piso” murmurou, como se a conversa anterior nunca tivese existido, como se todo volvese á normalidade de súpeto. Remus sentiu unha mestura de alivio e frustración.

Esa noite cando chegou á casa despois de acompañar as rapazas ao piso, a súa nai xa durmía. O reloxo do cuarto marcaba case as cinco da mañá, e o ruído da chuvia seguía soando, parecía case coma se estivese dentro da habitación con el. 

Quitou a chaqueta mollada e deixouna sobre a cadeira. Mirou a libreta enriba da mesa, e estivo tentado a escribir algo, a darlle forma a todo o desastre o que tiña dando voltas na cabeza. Pero non o fixo, non eran horas nin tiña ganas de pensar sobre o que lle pasaba. Tumbouse na cama e meteuse entre as mantas, mirou o teito, deixou escapar un suspiro longo. Facía frío cando se quedou durmido.

Notes:

Xa sei que as chicas non tiveron moito protagonismo neste one shot pero farei algún delas tamén, probablemente de Lily antes.

Espero que vos gustase, faiseme raro non escribir en inglés pero creo que Remus Galego merece a pena. Obsesionada con esta idea, e con poñerlle a todos os meus fanfics nomes relacionados con letras de The Smiths.